Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Andando por Bergantiños: Xornes e Langueirón

11 de marzo de 2018


O Instituto de Estudos Bergantiñáns, coa colaboración do Concello de Ponteceso, presenta o domingo 11 o caderno da serie Andando por Bergantiños dedicado ás parroquias de Xornes e Langueirón.

O acto terá lugar ás 18.00 horas na Casa dos Veciños de Xornes. Actuará o grupo de gaitas da Asociación Cultural San Xoán de Xornes e ao remate servirase un viño galego.

Todas as persoas asistentes serán agasalladas con dous exemplares do caderno.

A entrada é libre e de balde.

1 ... 6  7  8  9  10  11
Concello de Ponteceso