Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Saída aos Picos de Europa

18 e 19 de outubro

Inscricións ata o 8 de outubro en turismoponteceso@ponteceso.net

Inscrición ás actividades

Do 1 ao 10 de outubro

Inscrición ás actividades municipais.
Do 1 ao 7 de outubro para adultos.
Do 7 ao 10 de outubro para nenos.

Obradoiro de improvisación

30 de setembro

Obradoiro de improvisación en verso (Regueifa/Brindo). Conmemoramos o Día Internacional da Tradución. Acudirá o alumnado de 1º de ESO do IES Ponteceso.
Na Biblioteca Municipal ás 12.00h.

Campaña informativa sobre reciclaxe

20 de setembro

En relación á campaña "Campaña de Información e Concienciación sobre a Recollida Selectiva e a Reciclaxe".
Horario: 10:00 - 13:30 h e de 19:00 - 21:00 h
Ubicación: Campo da feira de Ponteceso (pola mañá)
Praza da Ribeira en Corme (pola tarde)
O obxectivo da campaña é incidir directamente na poboación para que esta comprenda a importancia de mellorar a clasificación dos residuos xerados nos seus fogares e informar sobre que residuos hai que depositar en cada tipo de colector, co fin de mellorar a reciclaxe.
Para levar a cabo a Campaña nos concellos, acudirase cunha aula móbil (camión de dimensións 7,5 mts. de longo x 3,5 mts. de ancho) dende o que os monitores darán información aos asistentes. Ademais da aula móbil colocarase unha carpa de 3 x 3 m. onde se desenvolverá o xogo "Xogo da reciclaxe de SOGAMA" dirixido aos nenos.

Charla: O alzheimer, unha realidade

19 de setembro

Conferencia no Centro Cultural impartida por Ángela Espasandín: Traballadora Social e Paula Parga: Terapeuta Ocupacional. Ás 20.00h.

Concilia no verán

Do 4 de agosto ao 5 de setembro

Actividades de conciliación para nenos/as de 4 a 13 anos. Máis información 981 714 000.

Velada cultural

29 de agosto

Na praza do Pan en Corme ás 22.00h.

Circo na rúa

22 de agosto

Actuación na Praza do Relleno en Ponteceso. Novo Circo Kanbahiota. Ás 20.00h.

XI Ruta cicloturística

10 de agosto

En Corme. Máis información 981 714 000.

Curso de piragüismo

Do 4 ao 8 de agosto

Curso de piragüismo en Corme e Ponteceso. Máis información 981 714 000.

 1  2  3  4  5  6  7
Concello de Ponteceso