O vindeiro 22 de agosto levarase a cabo a inaguración do novo campo de fútbol de "O Cairo" en Corme-Porto. O acto será ás 18.00h e, posteriormente, celebrarase o Trofeo Concello de Ponteceso no que participarán o F.C Avintes, a S.D Ponteceso e o Corme C.F. A entrada será de balde. O acto estará presidido polo concelleiro de deportes, José Manuel Nuñel Costa.