Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O ALCALDE E O PRESIDENTE DA XUNTA MANTEÑEN UNHA REUNIÓN PARA ABORDAR PROXECTOS DE CALADO PARA O FUTURO DE PONTECESO

O alcalde, José Manuel Mato, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantiveron onte unha reunión de traballo. A cita, á que tamén asistiu o concelleiro de Obras, Constantino Fernández, serviu para abordar diversos temas de interese e calado para o futuro de Ponteceso. Entre eles, as obras que o organismo autonómico executará para resolver os problemas de inundacións que se producen no municipio en momentos de episodios meteorolóxicos adversos. Outra das cuestións que se abordaron durante a reunión foi o proxecto para construír a circunvalación entre Tella e Lestimoño.

O primeiro edil aproveitou a ocasión para convidar ao presidente a visitar o municipio o vindeiro ano de cara a trasladarlle outras necesidades e solicitudes e analizar novas vías de colaboración entre o Concello e a Xunta. O rexedor agradeceu a "boa disposición do presidente, que reafirmou o seu compromiso por seguir mellorando as infraestruturas e servizos dos veciños e veciñas de Ponteceso co impulso de proxectos tan importantes como o plan de inundacións ou o a circunvalación".

Concello de Ponteceso