BANDO
O alcalde do Concello de Ponteceso, José Manuel Mato Martínez
PARA ASEGURAR AS CASAS FRONTE Ó LUME, FAI SABER
A OBRIGA DE MANTER AS FINCAS LIMPAS ANTES DO 1 DE XUÑO SEGUNDO A LEI 3/2007 DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DE GALICIA
En solo rústico:
Obriga de xestión (limpeza) e retirada de árbores (Piñeiros, eucaliptos, ...) nunha franxa e 50 metros, así como 15 metros para especies do Anexo I (Carballos, castiñeiros, ...) :
- Do límte de solo urbano, de núcleo rural ou urbanizable.
- Arredor de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte ou de edificacións illadas en solo rústico a máis de 400 metros do monte.
Obriga de xestión (limpeza) e retirada de árbores (Piñeiros, eucaliptos, ...) nunha franxa e 2 metros así como 10 metros para especies do Anexo I (Carballos, castiñeiros, ...):
- Camiños.
En solo urbano, de núcleo rural ou urbanizable:
- Roza no caso de existencia de matogueiras.
- Poda e rareo do estrato arbóreo, impedindo a continuidade horizontal e vertical da vexetación.
Se as persoas responsables non realizasen os traballos de xestión da biomasa nos prazos fixados polo Concello para o cumprimento voluntario, este poderá levar adiante os mesmos, logo do previo apercibimento en forma e sen prexuízo da imposición, previo a tramitación do oportuno expediente, das sancións procedentes. Os custos derivados deses traballos serán repercutidos, se é o caso, ás persoas responsables, procedendo, de ser o caso, ao cobro dos gastos que se ocasionen ao Concello a través do procedemento de apremio.
Información máis detallada na oficina técnica do Concello (Servicio de Medio Ambiente)
Ponteceso a 08 maio de 2025
O alcalde, José Manuel Mato Martínez.