Por mor de motivos de axenda vémonos na obriga de modificar a data do Comité Parroquial de Tallo que estaba fixado para o mércores 19 de marzo de 2025 quedando do seguinte xeito
LUGAR: Escola Unitaria de Tallo
DATA: Mércores, 2 de abril de 2025
HORA: 20:00h
Dende o concello queremos fomentar a participación veciñal na xestión municipal polo que convidamos á cidadanía a participar no Comité Parroquial que vai ter lugar na Escola Unitaria de Tallo con intención de tratar os seguintes asuntos:
Recoller propostas da veciñanza para telas en conta á hora de decidir cómo investir os fondos públicos
Explicar a xestión municipal a través do debate para unha maior eficacia e transparencia
Participará o alcalde D. José Manuel Mato Martínez e membros da Corporación Municipal.