Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Campaña de trampeo primaveral da vespa velutina en Ponteceso 2025

O Concello de Ponteceso inicia a campaña de trampeo de raíñas da vespa velutina, unha acción fundamental para frear a expansión desta especie invasora. A primavera é o momento clave, xa que as raíñas comezan a formar os niños primarios. Capturalas agora significa evitar a creación de novas colonias ao longo do ano.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil está a instalar trampas en puntos estratéxicos das catorce parroquias do municipio, priorizando espazos verdes, parques e prazas públicas. Ademais, co obxectivo de fomentar a participación cidadá, o concello habilita un formulario en liña para que todas as persoas interesadas poidan solicitar trampas e líquido atraente.

A entrega do material será o 21 de marzo de 2025 ás 12:00 horas no salón de plenos do concello. Como contrapartida, pedimos a quen recolla as trampas que contabilice as raíñas capturadas e traslade os datos ao Concello para un seguimento máis eficaz das zonas con maior presenza de velutinas.

Lembramos tamén que, en caso de detectar un niño de velutina, débese chamar ao 012, para que a Xunta de Galicia xestione a súa eliminación.

A colaboración de todos é clave para combater esta ameaza. Axúdanos a frear a expansión da vespa velutina!

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso