Os actos culturais céntranse este ano na oralidade
Un ano máis, o Couto volve ser o referente cultural do país coa súa semana das letras, este ano centrada na oralidade. O Concello participa en varios actos e apoia, como todos os anos o evento. O alcalde, José Luis Fondo Aguiar, estivo na presentación do programa, co deputado provincial Xoán Manuel Sande e directivos da asociación cultural. Tamén estará presente en diversos actos durante a semana, como a presentación do libro
Ponteceso, el nacimiento de un pueblo ou a presentación do traballo editado polo Concello sobre os
Irmáns Moreira de Tella, entre outros.
Ligazóns recomendadas