Dirixido a maiores de 50 anos
O departamento de servizos sociais do Concello organiza un obradoiro de memoria para persoas maiores de 50 anos. Celebrarase os luns e os xoves de 16:00h a 18:00h, oito sesións, no salón de actos do Concello. Inscricións no Departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981 714 000 ext.3.