O Concello levará a cabo unha serie de actividades de aforro enerxético
O luns 16 de marzo, persoal do concello (policía local, operarios, concelleiros, etc.) de Ponteceso, participarán nun curso de condución eficiente co fin de aforrar combustible, aforrar en gastos de mantemento, e reducir as emisións contaminantes. Tamén se
abre un prazo de inscrición, ata o 23 de marzo ás 14.00 h. na OMIX, con límite de prazas, para que calquera persoa interesada, que dispoña de
permiso de conducir de clase B, e que conduza habitualmente, poida participar neste curso, cuia duración é de
2h e 15 minutos, aproximadamente.