O alcalde fixo entrega dos diplomas en Ponteceso
O Concello de Ponteceso clausurou onte o obradoiro de estimulación cognitiva dirixido a
persoas maiores, coa asistencia e entrega de diplomas por parte do Alcalde, José Luis Fondo Aguiar. A clausura celebrouse
onte en Ponteceso e levarase a cabo o vindeiro
luns en Corme, onde tamén se espera a presencia do rexedor municipal. Participaron nestas actividades de fomento da creatividade, exercicios para mellorar a memoria e técnicas para memorizar,
30 persoas de distintas parroquias do Concello de Ponteceso.