O alcalde, José Luis Fondo, mantivo esta semana unha reunión con encargados da empresa de telecomunicacións galega, R, para solicitarlle que estenderan o servizo por máis parroquias no termo municipal (Ponteceso xa conta co servizo). Os encargados comunicáronlle que xa comezaron as obras do cableado ata Corme, que irá polos postes de FENOSA ata as parroquias de Corme-Aldea e Corme-Porto.