Celebrarase este mes de febreiro en Ponteceso e Corme-Aldea
O Concello de Ponteceso, a través do departamento de servizos sociais, organizará un obradoiro de estimulación cognitiva que inclúe as seguintes actividades:
taller de memoria, taller de percepción sensorial e taller de creatividade. Será o 9, 10, 16, 19 e 23 de febreiro de 4 a 6 da tarde no salón de plenos do Concello. En Corme-Aldea (casa dos veciños) será o 9, 11, 16, 18 e 23 de febreiro, no mesmo horario. Para inscribirse poden poñerse en contacto co departamento no 981 714 000 (ext 3).