Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Adxudicados os contratos das obras de instalación dunha pista de pádel e un circuíto de calistenia en Corme

As novas instalacións deportivas estarán listas antes de que remate o ano

O Concello de Ponteceso vén de adxudicar os contratos correspondentes ás obras de instalación dunha pista de pádel e un circuíto de calistenia en Corme. A primeira será executada pola empresa Narón Servicios de Medio Ambiente, S.L., cun orzamento de 36.200,30 euros, e o segundo correrá a cargo de Contorna Técnicas Constructivas, S.L., por 11.812,50 euros. En ámbolos casos o prazo de execución é de 1 mes, polo que antes de fin de ano estaremos desfrutando destas novas instalacións deportivas.

Para a construción da pista de pádel, o Concello de Ponteceso asinou un convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte, que financia as obras integramente. A creación desta nova pista, que estará situada xunto ao pavillón municipal, vén reforzar o compromiso do actual goberno local co deporte para promover hábitos de vida saudables e atender as novas necesidades e demandas da veciñanza, incrementando así a actual oferta deportiva municipal.

Na mesma liña, o Concello de Ponteceso instalará nesa zona un circuíto de calistenia, que favorecerá a práctica do deporte ao aire libre mediante a utilización de aparatos básicos de adestramento.

Concello de Ponteceso