Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

ACONSÉLLASE NON CONSUMIR AUGA DA TRAÍDA EN CORME, POR PRECAUCIÓN, ANTE A APARICIÓN DUN EPISODIO DE GASTROENTERITE

A partir das 17.00 horas o Concello abastecerá de auga embotellada á poboación

Ante a aparición de un brote de gastroenterite en Corme que afecta a 27 persoas, e seguindo as indicacións que vén de transmitirnos o Servizo de Sanidade Ambiental da Xunta de Galicia, o Concello de Ponteceso aconsella á poboación que, por precaución, se absteña de beber auga da traída. O goberno municipal, ante o brote, ordenou de forma preventiva a realización dunha nova analítica e a publicación das anteriores.

O Concello de Ponteceso está a traballar en coordinación co Servizo de Sanidade Ambiental da Xunta de Galicia para tratar de determinar a causa do episodio, e ante a posibilidade de que se trate dunha intoxicación por norvirus aconséllase non consumir a auga da rede de abastecemento.

A partir das 17.00 horas, o Concello abastecerá de auga embotellada á veciñanza de forma gratuíta.

Concello de Ponteceso