Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso apúntase á mobilidade sostible coa adquisición de dous vehículos híbridos

O Concello de Ponteceso apúntase á mobilidade sostible substituíndo coches vellos de gasóleo por vehículos híbridos cos que reduciremos un 25% as emisións de CO2.

O goberno municipal quere poñer o seu gran de area na loita contra o cambio climático, e por iso, coincidindo coa celebración da Semana Europea da Mobilidade, iniciamos o procedemento de contratación do subministro de dous vehículos 4x4 híbridos, un novo e outro usado.

O Concello de Ponteceso destinará un máximo de 63.471 euros á adquisición dos vehículos, que se destinarán a funcións ambientais e de equipamento para a protección e conservación dos camiños e vías públicos en relación coas operacións de saca de madeira e xestión da biomasa forestal.

Concello de Ponteceso