Será durante o acto que a Concellería de Deporte celebrará no salón do Edificio das Escolas a partir das 21:30 horas
Coa intención de recoñecer o esforzo, a dedicación, o espírito de superación e tamén os logros que veñen de acadar durante a última temporada os nosos e as nosas deportistas, o Concello de Ponteceso celebrará este venres, ás 21:30 horas, no salón de actos do Edificio das Escolas a 2ª edición ?Recoñecemento Deportivo Concello de Ponteceso?, organizada pola Concellería de Deporte que dirixe Raquel Fondo.
Nesta ocasión, seis entidades do municipio recibirán o recoñecemento do Concello de Ponteceso nun acto no que tamén haberá música, e que contará coa intervención inaugural do alcalde, Lois García Carballido, e, por suposto, de todos os e as protagonistas da noite. Ademais de alegría, tamén se vivirán momentos de moita emoción durante o recoñecemento especial que se fará a un veciño do municipio por toda unha vida dedicada á promoción do deporte local.
Desde a Concellaría de Deporte faise un chamamento a toda a veciñanza, e dun xeito especial, a todas as persoas afeccionadas ao deporte, para que se sumen á gran festa do deporte en Ponteceso. No a perdades!