Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Escola Galega de Adestradores da RFGF impartirá un curso de monitor de fútbol base en Ponteceso durante os meses de agosto e setembro

O prazo de inscrición para participar nesta actividade, que se desenvolverá no IES Eduardo Pondal, permanecerá aberto do 19 de xullo ao 5 de agosto

A partir de agosto obter o título de monitor de fútbol base vai resultar máis doado. A Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol vén de anunciar a posta en marcha do ?Curso de Monitor de Fútbol Base?, que se celebrará no IES Eduardo Pondal de Ponteceso durante os meses de agosto e setembro en horario de 20:00 a 23:00.

A presentación desta nova acción formativa tivo lugar onte na Casa do Concello, nun acto ao que asistiron o vicepresidente da FGF, Juan Villamisar; o director da Escola Galega de Adestradores, Iván Cancela; a vogal da FGF na Costa, Silvia Cancela; o delegado da federación na Costa, Manuel Corredoira; o presidente do Puenteceso SD, Álvaro Domínguez; o secretario do Puenteceso SD, Alberto Recarey; o primeiro Tenente Alcalde, Miguel Ángel González e a concelleira de Deporte, Raquel Fondo.

O obxectivo desta actividade, organizada pola Escola Galega de Adestradores da RFGF e a Real Federación Española de Fútbol en colaboración co Concello de Ponteceso e o Puenteceso SD, non é outro que dotar aos adestradores das mellores ferramentas para poder exercer a súa labor formativa nas competicións organizadas pola federación. Así, os alumnos/as que finalicen o curso posuirán coñecementos xerais actualizados de fútbol base e estarán acreditados/as para adestrar equipos federados ata a categoría que indique o regulamento xeral da RFGF. Ademais, dito diploma posibilitará a obtención do título federativo de ?Monitor de Fútbol Base?, avalado pola Escola Nacional de Adestradores da RFEF.

O plan formativo incluirá 20 sesións presenciais nas que se impartirán áreas comúns e específicas. As primeiras, abordarán módulos transversais de carácter científico e técnico en xeral, que serán coincidentes e obrigatorios para todas as modalidades e especialidades deportivas, mentres que as segundas proporcionarán formación propia do fútbol base.

As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición desde hoxe 19 e ata o 5 de agosto, día no que dará comezo a actividade. Tanto as solicitudes como o abono das taxas e a documentación requirida na convocatoria deberán presentarse online a través da web www.futgal.es.

O prezo do curso, que terá unha capacidade máxima para 35 persoas, será de 150 ?. As prazas cubriranse por rigorosa orde de anotación e os/as aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
 Ter cumpridos os 16 anos
 Efectuar a inscrición durante o período establecido (19 de xullo-inicio do curso)
 Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria (ESO) ou equivalente segundo o plan de estudos dos/as aspirantes.

Para obter o diploma federativo de ?Monitor de Fútbol Base?, os alumnos/as deberán superar todas as áreas e materias que conforman o curso e asistir, como mínimo, ao 75% das sesións presenciais que se impartirán no IES Eduardo Pondal nos seguintes días:
En agosto: 5, 6, 8, 12, 13, 14, 19, 20, 22, 26, 27 e 29
En setembro: os días 2, 3, 5, 9, 10, 12, 17 e 19.


Descargas asociadas

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso