O Concello de Ponteceso porá en marcha, nos meses de xullo e agosto, un servizo de transporte á praia de Balarés. Terá como itinerario: Xornes (Igrexa), Pazos (Praza) Casa da Cultura en Ponteceso, Praza do Relleno, O Couto e Balarés. Realizarase un roteiro diario con saída ás 15:30h da Casa da Cultura e regreso as 20:00h. O servicio será gratuíto.